Desde Brno con amor

Wednesday, November 08, 2006

Viaxe a Law Tatras (República Eslovaca)

Weno, weno, weno..............parece q por fin, e despois de varios intentos vouvos amosar a nosa viaxe á República Eslovaca, yujuuuuuuuu!!!! Hoxe (08-11-06) intentei subir as fotos desde a sala de ordenatas da facultade e fodéuseme outra vez, así q optei por pedirlle o portátil a Izaskun e facelo na habita, A VER SE DESTA VAI!!!


A última fin de semana de outubro fomos de viaxe co Club de Estudiantes Erasmus ó Law Tatras; son unhas montañas moi importantes q hai no corazón de europa. En realidade, hai Law Tatras, Middle Tatras e High Tatras, e o conxunto das tres é o Tatras.

Como a viaxe é bastante longa (5 horas e pico), pois fixemos unhas paradiñas polo camiño, unhas veces para visitar algún pobo e outras para botar unha mexadiña. O pobo que se ve na foto chámase Trencin (por suposto, ó nome do pobo fáltalle todo tipo de raias e tellados sobre as letras pero este teclado non ten para pór esas cousas, ademáis, no voso ordenata veríase unha cousa totalmente diferente, está comprobado :D). ¿Vedes o castelo, alá arriba? Pois por aquí debe ser moi típico os castelos porq xa fomos a 327 no q levamos de estancia. Creo q se aprecia perfectamente a inclinación das rúas para poder chegar ahí, non? ¿Quen dixo ximnasio? Xa volvo ter pernas e cú de Roberto Carlos, jajajajajaja!!!! :D

E ésta é a panorámica da q disfrutamos ó chegar a cima. De esquerda a dereita: Elena, Izaskun, Alberto e Belén.
Por suposto, en todo pobo ten q haber algo q nos chame a atención. Estes países teñen a capacidade de sorprendernos a calquer hora e calquer día do ano. Uns rapaces q viñan da escola decidiron q era máis cómodo remolcar tódalas mochilas nun carretillo (o rapaz q vai encima seguro q ten algún tipo de problema locomotor q lle impide camiñar ou algo así, porq en Eslovaquia tamén hai moita xente con discapacidade física; pero cuidado!, q o noso profe díxonos q era normal, q era todo coincidencia, "SÍ CLARO!!! Y LA MÍA TIENE FLORES!!!").

Despois de comer "algo pequeno" e visitar o castelo montamos outra vez no bus. Antes de chegar ó Law Tatras, fixemos unha última parada para mercar víveres, é dicir, alcol e "morto" (fiambre :D; "sí, o meu sentido do humor e os meus chistes seguen sendo pésimos") para bocatas (no medio do bosque non soemos atopar expendedores).

Ó chegar, repartimos as habitacións e quedamos, no comedor-bar, para cear (bueno, como eran as 19:00 da tarde, para os españolitos era máis ben a merenda!) e para tomar unhas copiñas.

Xusto antes de comezar a cea veu un rapaz do grupo dicindo q roubaran ó compañeiro do seu cuarto. Pero o máis forte é q lles roubaron mentres un dos rapaces dese bungalow estaba sobando; non se pode estar tranquilo en ningures!!!!

Mercáramos unhas petaquiñas de Vodka de non sei q marca. Xa non tiña moi boa pinta cando o mercamos e, de feito, o pouco rato, fixo efectos rarísimos na xente q bebía del (as próximas imaxes poden danar os vosos sentimentos :D)

Convulsións


Alberto e Elena tristes polos meus espasmos


Elena súper triste.... "A miña amiga está poseída!!!!"

Elena non bebeu vodka pero vese q é contaxioso

Acá podría por o chiste de:

- ¿Qué tengo aquí?

- Un lapiz.

- No. ¿Qué tengo aquí?

- No sé......una pelota.

- No. ¿Qué tengo aquí?

- ...............Mmmmmmmmm, chorizo?

- NO [xxxx]

(Risas se sabedes xa o chiste, se non......nada)

Algo gracioso desta noite: estaba falando polo móvil no medio do bosque e nesto, vexo a Izaskun e a Alberto vir cara min e berrando o meu nome. Eu facíalle sinais para q se se calasen porq estaba falando con Lore (igual flipaba un pouco co ruído!!!!) pero non fixo falta tal porq en milésimas de segundo, Alberto pasou da posición vertical á horizontal, jaaaaaaaaaaaaajajajaaa!!!! Menudo ostión, non lle deu tempo nin a facer o amago de re-equilibrarse.

O día seguinte ameneceu cunha merda de tempo, así q tódolos plans fóronse abaixo. Según os lugareños non se pode subir ó pico máis alto do Law Tatras con choiva así q, os plans q tiñamos para o domingo fixémolos o sábado.

Primeiro visitamos un pobo do q non recordo o nome. Creo q agora está deshabitado. Neste pobo hai un museo pouco grato para os ollos de persoas civilizadas coma nós.

O museo era unha casa q constaba de varias salas nas q había colgados todo tipo de animais disecados, sobre todo, osos e cabezas de cervos; tamén había un inmenso búfalo e diferentes paxaros.

- "Meu amor!! Preciso unha alfombra para o salón da casa"

- "Non te preocupes q agora che traio a pel dun oso de 4 meses con cabeza incluída!!! E un par de cornos para adornar a parede, vale?"

- "Q forte es!!!!"

"Porque calquer reflexo é motivo de fotografía"

Despois da fabulosa visita fomos a unhas covas increíbles!!! Estalagtitas e estalagmitas a esgalla con formas, texturas e cores infinitas, como é "a madre natureza"!! Ás veces, o camiño volvíase tan estreito q tiñamos q sortear as estalagmitas e as estalagtitas.

E como a finalidade da viaxe era camiñar polo monte para subir o pico máis alto pero por mor do tempo non puidemos pois, decidimos facer o camiño de regreso das covas o hostal a pé. Case morremos con tanta dose de pureza! (joer, q os meus pulmóns acostuman a fumar 1 paquete diario e tanto osíxeno séntame mal :D)

Xa pola tarde (non hai fotos porq esta xente pringada non ten cámaras acuáticas, q fuleros!) leváronnos a unhas termas. ¿Cal foi a nosa sorpresa? Q tamén había tobogans acuáticos, é dicir, q era un parque acuático con piscinas de auga quente. Joer q luxo!!! A verdade é q todo era un pouco surreal "¿qué fago na República Eslovaca, a 7 º C, en bikini, cunha colchoneta na man para tirarme por un tobogán? Mecaghina´, dentro da auga estábase estupendamente pero calquera saía fora!!!!" Como soe pasar nestes casos, o tirarme polo tobogán comín unha boa ostia.............estiven con dor de muslo case unha semana. Ademáis, tamén fixen un pouco de escalada polo q tiven maniotas (xa sei q che encanta esta palabra, Marinha) en todo o corpo ata 5 días despois.

E outra vez festa!!! E outra vez voz de alarma informando de q entraran a roubar noutro bungalow. Esta vez levaron unha mochila cunha toalla e un bikini mollados (por suposto, apareceu nas inmediacións) e o bolso doutra rapaza con toda a súa documentación; q risas, porq oficialmente non pode saír do país ata facerse outro pasaporte ou DNI. A verdade e q á primeira rapaza atopámola na súa cama partíndose o cú ("q me han robadooooooooo!!!!"); a outra dicía algo así: "Fucking country" así q, coas miñas nocións de inglés, supoño q non lle fixo moita gracia.

Xuntámonos uns cantos para facer un pequeno rastreo pola zona, en plan CSI e sabedes q no monte, pola noite, non soe haber luz, sen embargo, hai pedras, troncos, rochas, etc., non? É dicir, terreo irregular. Pois Izaskun tamén o sabía.......aínda así caeu igual. O cal me parece normal porq tropezou cun penedo inmenso (coma os q podedes atopar nas praias). Imaxinádevos unha rocha de forma ovalada e unha rapaza encima dela, como abrazándoa, jajajajajajajajaja!!!!! Pois así quedou Izaskun. Só lle faltou dicir "Quérote Rocha!" (Asepeyo oe oe.......)

Outra vez morta da risa cando aparece Alberto cunha ferida na fronte. Resulta q fora mexar de campo e, non se sabe por qué, bateu cun ferro q había por alí (como xa dixen antes.........de noite non hai luz). O mellor é q o rapaz seguiu mexando e dando tumbos, jajajaja!!!! Hai q regar ben o campo.

Momento de acojone cando noutro bungalow apareceu unha ventá rota. Todavía non sabemos como fixeron, explícovos o caso e opinade vós mesmos: doble ventanal, a ventá máis interna rota e no bungalow ningún tipo de destrozo nin roubo :S ¿Entraron os ladróns só para romper a ventá de dentro? Se non estiveron no interior do bungalow, ¿como romperon a ventá de dentro? (esto faime recordar un día q na miña casa tamén apareceu un burato nunha ventá, aparentemente feito desde dentro, pero increíblemente non fora ningún dos da miña familia). Visto q os ladróns estaban dispostos a facer calquer cousa para levar unhas coronas Elena máis eu fomos revisar a nosa habitación e tal. Todo en orde!

E como teño bo perder, non ofrecín resistencia cando o meu corpo me dixo q fora durmir a moña. Ahí estaba Elena para acompañarme (xa q a habita non estaba especialmente cerca), q boa q é! Parece ser q eu estaba especialemente graciosa así q recompenseina cunhas boas historias e boas risas.

"¿Sabes Elena? q ya está todo arreglado..................... :D"

E o día seguinte tivemos mal tempo outra vez pero parece q................HAI BOAS NOTICIAS!!! Como xa dixen antes, nós estabamos en Law Tatras pero "alguén" dixo q no High Tatras facía bo tempo, sol, despexado, etc. así q collimos o bus nesa dirección. E o q aparece na foto é o q nos topamos ó chegar, jajajajaja!!!! ¿Que fixemos? Baixamos do bus para meternos na marquesina de madeira q se ve o fondo na foto, levamos tres botellas de viño e uns vasos de plásticos e brindamos :S ¿En que momento se lle ocorre a alguén baixar dun bus chovendo para facer un brindis no medio da névoa (diría no medio do monte pero non se vía a 3 metros).

Aquí está a proba do delito. NASDRAVÍ!

Alé, despois desto parece q xa podemos coller carretera para Brno. De camiño, por suposto, paramos para visitar un castelo e comer algo nun bar de carretera; para esto, foi preciso cruzar unha carretera por onde os coches pasaban a 100 kms/hora ou máis (aquí faise así!). Q subidón de adrenalina curzar de noite porq ves as luces do coche pero non aprecias a distancia q che separa deles. Parece q, despois de cruzar a carretera, xa se acabaran todos os peligros, non? Pois todavía quedaba baixar unha pequena costa e salvar unha cuneta; e do primeiro grupo q baixou............vin caer unha cousa negra cunha mochila o lombro de cores azuis :D, ELENAAAA!!!!!!!!!! jajajajajajajaja!!!!!! así q pensei..............."baixo de última porq seguro q afuciña máis xente" e, efectivamente, como si da proba das Zamburguesas de Humor Amarelo se tratase, jajajajajajaja!!!! Balance final: Elena e dúas rapazas máis.

Ah! Na fronteira non houbo ningún tipo de problema coa rapaza sen papeis porq non pediron pasaportes; parece q ó guardia serviulle q foramos un grupo de xente erasmus q estudia en Brno.

Creo q non me queda máis q dicir. Pola minha parte foi o mellor fin de semana desde q partín de Vigo, cheo de natureza, ocio, xogos, risas, chistes, .... Deixo unhas frases q mo farán recordar para sempre:

- "No hay [...], no hay [...]"

- "¿TÚ ERES TONTO?"

- "Que te calles mongola!!!!!!"

Despídome cunha aperta moi grande e un bico.

P.D. Estou ata os collóns desta entrada. Escribina 1.500 veces e 1.500 veces tiven problemas para gardala como borrador e para actualizar así q posiblemente non teña ningunha gracia cando a miredes porq, escribir a mesma historia tantas veces faise aburrido e pos menos entusiasmo!!!! En fin, se actualizo máis veces será sen fotos porq subilas é un coñazo.

5 Comments:

  • At 1:44 AM, Blogger escrotin said…

    Madre mía si que te debió desesperar escribirla 1500 veces porque es una buena redacción.

    Quiero verte ya Anilla porque esas caras tan hermosas que pones me ponen a mil, pero que hermosa eres mi amoool.

    Veo que cada día lo pasais peor, pobriñas.

    Moitos, moitos bicos, se comenta que nos veremos un día de estos.

     
  • At 3:53 AM, Anonymous Anonymous said…

    Nada mas tengo que anhadir yo a esta extensa cronica. En lo que a mi concierne era algo ya sabido que me acabaria cayendo, pero ya es mala pata (os he explicado ya lo de que soy patosa porque me rompi una pierna de pequenha, no???) que me cayese justo cuando ya nos ibamos, cuando ibamos a subir al bus para siempre jamas!!! y pa colmo yo llevaba mi abrigo a lo michelin que me dificultaba aun mas mi "agilidad". Tambien cabe destacar la perversa mente que hay que tener para decir "yo me bajo la ultima que aqui va a caer todo dios!"

    Por cierto, el viernes nos vamos a Berlín!!!

    Siempre vuestra.
    Ylenia

     
  • At 8:46 AM, Anonymous Anonymous said…

    Tuve que leerla en dos tandas, porq ue debido a mi deficit de atención me despisto en seguida en cuanto la cosa se hace muy extensa.


    Tengo uan sorpresa para elena:

    Rafa ojitos ya tiene nuevo "trabajo", ahora "trabaja" en el churruca 20 jajaj.

    y hoy fui "al pan" ( es que se lo escuche a un niño y me hizo mogollón de gracia) y me crucé con tu tio, pero no le pregunté por la novia que me daba verguenza. jis jis jis.


    ay que ganas tengo de ir y veros, putitas mias.


    antes pasé por delante de tu casa elenita, y siempre que paso me fijo en tu persianita bajada :( y me da, taaaaaaaaaaanta pena :(


    antes, que aunque no subiese sabia que estabas ahi, estudiando, o follando o lo que dios sabe que hicieses en esa habitacion del pánico,y ahora no.


    En fin, que dejo de llorar, que me voy a pontemerda a ver el partido con las ninfomanas de mis compañeras de pisou.


    Mil bicos, nos vemos en los bares ( y en brno en breves!!)

     
  • At 6:56 AM, Blogger PLM said…

    Sois conscientes de las fotos que ponéis? Cualquier persona con falta de corazón podría hundiros el resto de vuestras vidas.

    Estoy pensando también, vamos a dormir todos en vuestro cuchi.. digo zul.. digo piso?

     
  • At 1:44 PM, Anonymous Anonymous said…

    Mil gracia tiene, ahi se ve ek fuiste depurando los fallos!.

    Es un placer tener noticias vuestras, aunque yo sea un HOMBRE me voy a bajar de mi pedestal de macho para deciros ke se os hecha ( de hacer de menos? xd ) de menos a las 2, simpaticas.

    ke envidia me dais.......

    Espero una entrada de Berlin!

     

Post a Comment

<< Home